martes, 29 de abril de 2025

Autor@s: David Rodríguez

Esta vez tivemos a visita do escritor David Rodríguez, que chegou para falarnos do seu libro "Superavoa". E para traer sorpresas musicais.

Moitísimas grazas polo tempo compartido con nós, foi un pracer. De seguro que habemos de vernos en mais ocasións.







lunes, 7 de abril de 2025

Obradoiros

As axudantes de biblioteca de 6º prepararon para o alumnado de 5 anos un obradoiro a partir do conto Simón corazón de camaleón. O obradoiro tivo lugar en diferentes días. Comezaron contando a historia a partir de material en formato papel e dixital elaborado por elas e continuou cunha proposta plástica levada a cabo ao longo de tres xornadas. 

Foi unha experiencia fantástica. Grazas pola vosa iniciativa e organización de cada unha das sesións, inclusive dos tempos de espera. Grazas tamén a todos os adultos que fomentades e permitides que estas iniciativas teñan lugar. Estes, mais os previos, son momentos de grande aprendizaxe. Non pode haber aprendizaxe mais significativa, mais ampla e enriquecedora. Outro momento de ser escola e de crecemento persoal.

miércoles, 2 de abril de 2025

8 de marzo

Lembrades a Luísa Capetillo e a Arminda dos pantalóns? Pois con elas como inspiración, o noso Mik deixou na aula para actividades plásticas unhas caixas con diferente material (unha para cada curso) e material para compartir e nos propuxo empregar as nosas dotes artísitcas e de deseño para decorar uns pantalóns. Ao mesmo tempo, nos obradoiros da biblioteca elaboraron unhas pancartas. E con todo iso fixemos unha montaxe no peche da nosa escola, cun código QR elaborado polo alumnado de 6º no que explicaban de que se trataba a actividade, para que as nosas familias e veciños soubesen en que andivemos a traballar.

martes, 1 de abril de 2025

Obradoiros

Como xa sabedes, no tempo de lecer, os luns e os xoves, hai obradoiros de diferente tipo na Biblioteca. Deixamos aquí unhas imaxes duns deses obradoiros desta semana.










Obradoiros

  Este mes de marzo comezamos con dous obradoiros moi entretidos. Un para facer un pequeno tres en raia que levar con nós e poder xogar en c...