Para o Día da Paz o noso amigo Mik elexiu como inspiración unha canción titulada "Abriendo caminos", que aquí vos deixamos.
viernes, 31 de enero de 2025
A Paz
Logo de ver o vídeo e conversar sobre o mesmo e a letra da canción, a proposta foi crear oito mensaxes positivas, consellos de vida... Unha para cada un dos grupos do cole. Listas as mensaxes tocaba agardar a visita dun representante de cada aula que, coa súa botella, ía a percorrer o cole para recoller as súas mensaxes. A botella quedaría logo no noso mar, pois na nosa cidade, tema central do proxecto deste curso, o mar ocupa un lugar moi importante. 
Deixamos tamén o vídeo elaborado coa canción como fonte de inspiración e os nosos camiños na procura das mensaxes.
Clicade  na imaxe
E no noso mar, coas Cíes de fondo, quedaron as botellas ata o día 30. Ese foi o día no que visualizar o noso vídeo e recoller a nosa botella para ler as mensaxes, conversar sobre o seu significado e decidir que facer con elas, para telas visibles e que nos acompañen ao longo deste curso como fonte de inspiración, de sosego, de esperanza...
Moitas grazas aos mestres e ao alumnado e tamén as axudantes que acompañaron o noso camiño e fixeron a montaxe. 
viernes, 10 de enero de 2025
Grazas
O noso amiguiño Mik quixo agradecer a colaboración das nosas axudantes durante este primeiro trimestre. A súa colaboración e tan necesaria como enriquecedora.
Obradoiros
Pois o último obradoiro foi sobre Papiroflexia. Ademais de ser moi entretido, nos axuda a perfeccionar a nosa atención e concentración, a motricidade fina, a orientación e moitas cousas mais.
Moitas grazas, como sempre, ás nosas axudantes organizadoras.
Atent@s que o novo trimestre chega cargadiño de mais propostas.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
Benvid@s
A xa chegou un novo curso. Esperamos que veñades con ganas porque o noso amiguiño Mik xa tiña moitas de vervos por aquí, de escoitar as vosa...
- 
O día 8 de marzo conmemórase o Día da Muller e, aínda que todavía falta, o noso amiguiño xa andivo a darlle á cabeza e a facernos proposta...
 - 
En Infantil a Lingua de Signos está presente no noso día a día, pois considerámola como un elemento enriquecedor, ademais de que a súa prese...
 - 
O verán é un tempo longo no que desfrutar e vivir aventuras e, como xa sabedes, os libros e contos gardan moitas. É por iso que vos deixo un...
 




.jpg)
.jpg)
