miércoles, 17 de diciembre de 2025

Recomedacións

Quedan aquí as recomendacións que o noso amigo Mik nos fai para estas datas.

Son días estupendos para compartir lecturas e viaxar a través das historias. Días de agasallos nos que un libro é sempre unha das mellores opcións. 



martes, 2 de diciembre de 2025

Obradoiros

Xa comezaron os obradoiros organizados polos axudantes de sexto no tempo de lecer. Para comezar, a súa proposta foi a elaboracón duns manteis co noso Mik de protagonista. 

Moitas grazas aos axudantes pola súa ilusión e organización nestes obradoiros.







O bosque en outono

O bosque ofrécenos un montón de cousas fermosas e en moitas ocasións tamén ben ricas. Algunhas están presentes durante todo o ano, como a calma, os sons, a beleza das pequenas cousas... Outras son mais temporais. E foi sobre unha destas sobre a que Mik nos fixo unha proposta de investigación. Tocou pescudar sobre os cogomelos. Para iso preparou un espazo cuns libros da biblioteca sobre o tema, deixou a tablet a man para posibles consultas e unha pequena ficha cunhas preguntas fundamentais.

Con todo isto puxémonos mans á obra. 






Recomedacións

Quedan aquí as recomendacións que o noso amigo Mik nos fai para estas datas. Son días estupendos para compartir lecturas e viaxar a través d...