Benvid@s a un novo curso que chega cargado de aventuras e de viaxes. Como xa saberedes o proxecto deste curso leva por título "A volta ao mundo en 175 días".
O noso amiguiño Mik, como sempre, xa nos ambientou a biblioteca e o espazo da entrada do centro, por iso de ir facendo espertar a curiosidade e a maxia. Ademais deixou preparadas unhas novidades relacionadas co proxecto para nós, así que temos libros e xogos novos. Sen esquecer as mochilas, os carnés, as carpetas...
Ata nos deixou unha maleta. Dentro meteu un pasaporte, como non, unha guía de viaxes para que vaiamos completando e dous mapas do mundo, o habitual e o novo proposto pola ONU xunto cunha pequena explicación. Seica imos a ter que seguir gardando cousas, pero esas xa irán chegando.











No hay comentarios:
Publicar un comentario